Os Premios Mil Primaveras nacen para recoñecer e difundir accións, campañas, programas e proxectos que procuren pór en valor e fomentar a lingua e incrementar o seu uso e prestixio.
Con eles a CTNL pretende valorar e proxectar o gran labor que se desenvolve no ámbito da normalización lingüística, dar visibilidade a proxectos positivos e seleccionar boas prácticas que poidan servir como modelo e inspiración para mellorar o traballo en normalización da lingua.
30/set/2023
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua convoca os V Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego (2023) co obxectivo de recoñecer e proxectar o traballo ben feito no ámbito da normalización lingüística, valorar e difundir proxectos positivos e seleccionar boas prácticas que poden servir como modelos.
12/xuñ/2023
O pasado venres, 9 de xuño, celebramos no Salón de Actos do Pazo de Cultura de Pontevedra o acto de entrega dos IV Premios Mil Primaveras (2022), convocados pola CTNL coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra. No acto de entrega colaborou tamén o Concello de Pontevedra.
01/xuñ/2023
O Salón de Actos do Pazo de Cultura de Pontevedra acolle o venres 9 de xuño ás 19.30 horas o acto de entrega da cuarta edición dos Premios Mil Primaveras. O evento, que contará coa actuación de Matrioskas, conta coa colaboración do Concello de Pontevedra e da Deputacion Provincial de Pontevedra.