Novas

Asociación Cultural Vagalumes e A Banda da Loba, XXX Premios San Martiño de Normalización Lingüística

02/nov/2020

A Asociación Cultural O Bardo e o Concello da Estrada resolveron a trixésima edición dos seus premios de normalización lingüística. A Asociación Cultural Vagalumes e A Banda da Loba foron as entidades recoñecidas respectivamente nas modalidades de "A Estrada e comarca de Tabeirós-Terra de Montes" e "Galicia enteira". O acto de entrega terá lugar o 13 de novembro nunha rolda de prensa no Teatro Principal da Estrada.

Saber máis
Retómase o prazo de inscricións nos II Premios Mil Primaveras

26/out/2020

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) retoma o prazo de inscricións nos II Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego, logo de interrompelo o pasado mes de marzo por mor da crise sanitaria e o estado de alarma. Os proxectos presentados no primeiro período de participación non terán que se inscribir de novo.

Saber máis
A AGPTI convoca o III Premio Xela Arias

23/set/2020

A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI) convoca por terceiro ano consecutivo o Premio Xela Arias, co cal busca recoñecer empresas, entidades ou persoas que destaquen pola promoción da tradución ou da interpretación cara a ou desde o galego.

Saber máis
Segunda edición do Premio Ponteareas, Lingua e Empresa

15/ago/2020

Concello de Ponteareas convoca a segunda edición do Premio Ponteareas, Lingua e Empresa, para recoñecer e promover o uso do galego no ámbito empresarial.

Saber máis
Antón Costa Rico, premio Luís Porteiro Garea á promoción e uso do galego na USC

07/xul/2020

O xurado da terceira edición do Premio Luís Porteiro Garea á promoción e uso do galego na Universidade de Santiago de Compostela decidiu conceder por unanimidade este premio a Antón Costa Rico, catedrático de Historia da Educación na Facultade de Ciencias da Educación desta universidade.

Saber máis
Interrómpese o prazo para presentar proxectos aos II Premios Mil Primaveras

17/mar/2020

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) decidiu interromper o prazo para presentar proxectos á segunda edición dos Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego. A CTNL toma esta decisión por mor da actual crise sanitaria e estado de alarma, situación extraordinaria que dificulta a participación nesta convocatoria. É intención da CTNL abrir un novo prazo de inscrición no momento oportuno para facilitar a participación das entidades destinatarias. Os proxectos xa presentados non terán que inscribirse de novo.
 

Saber máis
A Deputación da Coruña convoca o XI Premio Rosalía de Castro de Lingua

23/feb/2020

A Deputación da Coruña publicou no BOP de do 21 de febreiro de 2020 a convocatoria da décimo primeira edición do premio “Rosalía de Castro” de Lingua. O obxectivo xeral deste galardón é recoñecer a promoción e dignificación social do noso patrimonio lingüístico. O prazo para presentar candidaturas, que finalizaba inicialmente o 30 de abril, está interrompido.

Saber máis
Convócanse os II Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego

16/feb/2020

Desde a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua convocamos a segunda edición dos Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego co obxectivo de recoñecer e proxectar o traballo ben feito no ámbito da normalización lingüística, valorar e difundir proxectos positivos e seleccionar boas prácticas que poden servir como modelos. A primeira edición tivo lugar en 2019 e recoñeceu seis proxectos de normalización da lingua.
 

Saber máis
A USC convoca a terceira edición do Premio Luís Porteiro Garea

11/feb/2020

A Universidade de Santiago de Compostela convoca a terceira edición do Premio Luís Porteiro Garea co fin de recoñecer publicamente o esforzo de persoas ou colectivos a prol da normalización do uso do galego na universidade. O premio leva o nome do profesor da cátedra de dereito civil e membro das Irmandades da Fala Luís Porteiro Garea, quen o día 16 de setembro de 1915 pronunciou no Paraninfo da Universidade a primeira lección en galego de que se ten constancia.

Saber máis
O II Premio Lingua e Empresa Concello de Ames recoñece a tres empresas do Milladoiro e Bertamiráns

18/dec/2019

Petiscos Gastrobar (Bertamiráns), Cenlitrosmetrocadrado (O Milladoiro) e Escola de Estudos Musicais Allegro (tamén do Milladoiro) foron as tres empresas escollidas polo xurado desta segunda edición do Premio Lingua e Empresa.

Saber máis