Novas

Resólvense os Premios Mil Primaveras

26/xuñ/2019

Modelo Burela (como proxecto estabilizado), Falemos de ti e min (como proxecto novo), Desafío 48 h (pola súa comunicación e impacto), Youtubeir@s (como programa máis innovador), Eu presumo de galego (como proxecto destinado á mocidade) e GCiencia (como proxecto dun ámbito sectorial) son os primeiros Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego.

Saber máis
GCiencia e 21 Días co Galego gañan a décima edición do Premio Rosalía de Castro de Lingua

20/xuñ/2019

O Premio Rosalia de Castro de Lingua na súa décima edición recoñeceu o portal xornalístico de divulgación científica GCiencia (categoría xeral) e o proxecto 21 Días co Galego, agora ampliado a 21 Días co Galego e máis (categoría de traballo específico coa infancia e a mocidade).

Saber máis
Anunciados os XXV Premios Lois Peña Novo

28/mai/2019

Fundación Lois Peña Novo deu a coñecer as persoas que se recoñecerán este ano na vixésimo quinta edición dos Premios Lois Peña Novo: Manuel Bermejo Patiño, profesor emérito da USC, Paz Filgueira Paz, maxistrada, e Carlos Salgado López, profesor da USC.

Saber máis
Preséntanse 47 proxectos aos Premios Mil Primaveras

20/mai/2019

O pasado 17 de maio finalizou o prazo para presentar proxectos, campañas, accións ou programas de normalización lingüística aos Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego. Tras o período de inscricións recibíronse un total de 47 candidaturas de servizos de normalización lingüística, equipos de normalización e dinamización da lingua, asociacións e entidades privadas.

Saber máis
Nacen os Premios Mil Primaveras para recoñecer o traballo no ámbito da normalización lingüística

01/abr/2019

Desde a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua creamos e convocamos os Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego co obxectivo de recoñecer e proxectar o traballo ben feito no ámbito da normalización lingüística, valorar e difundir proxectos positivos e seleccionar boas prácticas que poden servir como modelos.
 

Saber máis
A Deputación da Coruña convoca o X Premio Rosalía de Castro de Lingua

14/mar/2019

A Deputación da Coruña publicou no BOP de hoxe a convocatoria da décima edición do premio “Rosalía de Castro” de Lingua. O obxectivo xeral deste galardón é recoñecer a promoción e dignificación desinteresada do noso patrimonio lingüístico. O prazo para presentar candidaturas finaliza o 30 de maio.

Saber máis
II Premio Luís Porteiro Garea para o profesor Xosé Antón Gómez Segade

12/feb/2019

O xurado do II Premio Luís Porteiro Garea á promoción e uso do galego na Universidade de Santiago decidiu concederllo por unanimidade ao profesor emérito Xosé Antón Gómez Segade, catedrático de Dereito Mercantil da USC.

Saber máis
Tres empresas levan o I Premio Lingua e Empresa Concello de Ames

20/dec/2018

As empresas Biosbardos, Xestiago e Asesoría Xeral Galega, SL, foron as premiadas co I Premio Lingua e Empresa Concello de Ames.

Saber máis
Premios Manuel Beiras a Leite Noso, Construcións Alvite e Evaristo Rodríguez Carracedo

17/dec/2018

As empresas Leite Noso e Construcións Alvite González foron as galardoadas cos XIX Premios Manuel Beiras. Así mesmo, o xurado dos premios concedeu a distinción especial do Premio Manuel Beiras a Evaristo Rodríguez Carracedo, exvicepresidente da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela

Saber máis
Chegan os XIX Premios Manuel Beiras

16/nov/2018

A Cámara de Comercio de Compostela e mais o Concello de Santiago de Compostela convocaron a décimo novena edición dos Premios Manuel Beiras ao uso do galego na empresa, cuxa finalidade é recoñecer o compromiso coa normalización lingüística no sector empresarial compostelán.

Saber máis