Os Premios Mil Primaveras creáronse coa finalidade de valorar, recoñecer e difundir accións, campañas, programas e proxectos que teñen como obxectivo principal a posta en valor e o fomento da lingua e a procura do incremento do seu uso e/ou prestixio. Con eles preténdese recoñecer e proxectar o traballo ben feito no ámbito da normalización lingüística, dar visibilidade a proxectos positivos e seleccionar boas prácticas que poden servir como modelos.
Os obxectivos dos Premios Mil Primaveras son:
Os Premios Mil Primaveras concédense en seis categorías para abranguer propostas diversas e diferentes colectivos e ámbitos sociais:
En cada unha das categorías recoñecerase unha acción, campaña, programa ou proxecto entre os presentados polas entidades que os desenvolveron. Non se premian nin entidades nin traxectorias, senón accións, campañas, programas ou proxectos concretos e xa realizados.
O premio non ten dotación económica, senón que consiste no recoñecemento e difusión das campañas como modelos positivos para o traballo en normalización lingüística.
Os Premios Mil Primaveras son unha iniciativa da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) e contan coa colaboración económica da Deputación Provincial de Pontevedra e da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.