Novas

Preséntanse 37 proxectos de normalización da lingua aos V Premios Mil Primaveras

01/feb/2024

Onte finalizou o prazo para presentar proxectos, campañas, accións ou programas de normalización lingüística á quinta edición dos Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego. Inscribíronse un total de 37 candidaturas de servizos de normalización lingüística, equipos de normalización e dinamización da lingua galega de centros educativos, asociacións e outras entidades.

Saber máis
Os Premios Mil Primaveras chegan á quinta edición

30/set/2023

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua convoca os V Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego (2023) co obxectivo de recoñecer e proxectar o traballo ben feito no ámbito da normalización lingüística, valorar e difundir proxectos positivos e seleccionar boas prácticas que poden servir como modelos.

Saber máis
Así celebramos a entrega dos IV Premios Mil Primaveras

12/xuñ/2023

O pasado venres, 9 de xuño, celebramos no Salón de Actos do Pazo de Cultura de Pontevedra o acto de entrega dos IV Premios Mil Primaveras (2022), convocados pola CTNL coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra. No acto de entrega colaborou tamén o Concello de Pontevedra.

Saber máis
Os IV Premios Mil Primaveras entréganse o 9 de xuño en Pontevedra

01/xuñ/2023

O Salón de Actos do Pazo de Cultura de Pontevedra acolle o venres 9 de xuño ás 19.30 horas o acto de entrega da cuarta edición dos Premios Mil Primaveras. O evento, que contará coa actuación de Matrioskas, conta coa colaboración do Concello de Pontevedra e da Deputacion Provincial de Pontevedra.

Saber máis
A cuarta edición dos Premios Mil Primaveras xa ten proxectos gañadores

03/abr/2023

Esta nova edición dos Premios Mil Primaveras recoñeceu catro proxectos: Asociación Faladoiros Vigo (un proxecto de fomento da oralidade en galego creando espazos de confianza), Caranvexo TV (un recurso colectivo para fomentar a lingua a través do audiovisual), Laboratorio de Apoderamento Lingüístico (un programa piloto para reflexionar e traballar o conflito lingüístico entre a mocidade) e Na Utopía (unha plataforma de obradoiros en liña que ofrece contidos variados na nosa lingua).

Saber máis
Inscríbense 35 iniciativas de normalización lingüística nos IV Premios Mil Primaveras (2022)

02/feb/2023

O 31 de xaneiro, ás 23.59 h, finalizou o prazo para presentar proxectos, campañas, accións ou programas de normalización lingüística á cuarta edición dos Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego. Inscribíronse un total de 35 candidaturas de servizos de normalización lingüística, equipos de normalización e dinamización da lingua galega, asociacións e outras entidades.

Saber máis
A CTNL convoca a cuarta edición dos Premios Mil Primaveras

20/set/2022

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua convoca os IV Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego (2022) co obxectivo de recoñecer e proxectar o traballo ben feito no ámbito da normalización lingüística, valorar e difundir proxectos positivos e seleccionar boas prácticas que poden servir como modelos.

Saber máis
Os Premios Mil Primaveras entregáronse na Igrexa do Convento de Santa Clara de Pontevedra

15/xuñ/2022

O pasado sábado, 11 de xuño, celebramos na Igrexa do Convento de Santa Clara de Pontevedra o acto de entrega da terceira edición dos Premios Mil Primaveras, convocados pola CTNL coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Pontevedra.

Saber máis
Pontevedra acolle o acto de entrega da terceira edición dos Premios Mil Primaveras

03/xuñ/2022

A Igrexa do Convento de Santa Clara de Pontevedra acolle o sábado 11 de xuño ás 11.30 horas o acto de entrega da terceira edición dos Premios Mil Primaveras. O evento, conducido por María da Pontragha, conta coa colaboración do Concello de Pontevedra e da Deputacion Provincial de Pontevedra.

Saber máis
Resólvense os Premios Mil Primaveras de 2021

03/abr/2022

Do berce á rúa (como proxecto estabilizado), CantáMOLA en galego (como proxecto novo), Twitter en galego e Instagram en galego (pola súa comunicación e impacto), Somos xogo (como programa máis innovador), Dicionario galego para boomers (como proxecto destinado á infancia e mocidade) e Media Laranxa (como proxecto dun ámbito sectorial) son os proxectos recoñecidos na edición de 2021 dos Premios Mil Primaveras.

Saber máis