Proxecto Instagram en galego

Listaxe de proxectos

Proxecto Instagram en galego

O proxecto Instagram en galego créase coa finalidade de dinamizar a lingua entre a mocidade que usa esta plataforma como ferramenta de ocio e unha maneira de desconectar do seu día a día. En agosto de 2018 sae adiante esta iniciativa, que a igual que outras doutras plataformas sociais, ten como obxectivo conseguir que todas e todos os usuarios poidamos configurar esta rede social na nosa lingua.

Non debemos esquecer que a mellor reivindicación é a que facemos nós mesmas publicando e comentando na nosa lingua. Cando subimos unha foto e comentamos en galego, estamos a facer a mellor das accións promovendo e facendo uso do galego.

Edición: Terceira edición
Entidade: Instagram en galego
Premiado na categoría: Premio á mellor comunicación e impacto
Premiado no ano: 2021

Proxecto detallado

Ligazóns a vídeos

Proxecto Instagram en galego