Desafío 48 h

Listaxe de proxectos

Desafío 48 h

O Desafío 48 h é unha acción de dinamización da lingua galega a través da que alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos do IES María Casares de Oleiros "que voluntariamente quixo participar" procurou vivir durante dous días enteiros en galego.

A acción, que tivo como obxectivo principal incentivar o uso do galego de maneira positiva en todas as situacións da vida diaria do alumnado, foi acompañada dunha campaña de comunicación previa no centro, así como actividades paralelas e incentivos para as persoas participantes.

Desenvolveuse durante os meses de abril e maio de 2019, os días concretos do desafío foron o 14 e 15 de maio e, en xeral, o resultado foi moi positivo, con moita participación e implicación de alumnado e con experiencias, sensacións e reflexións moi favorables para mellorar a actitude e uso da lingua galega entre unha comunidade escolar na que de máis de 600 alumnos/as non hai ningún que a teña como lingua de uso habitual no seu día a día.

Edición: Primeira edición
Entidade: IES María Casares de Oleiros
Premiado na categoría: Premio á mellor comunicación e impacto
Premiado no ano: 2019

Proxecto detallado

Ligazóns a audios

Ligazóns a vídeos

Desafío 48 h
Desafío 48 h
Desafío 48 h
Desafío 48 h
Desafío 48 h