Que son?

Sobre Mil Primaveras

Os Premios Mil Primaveras nacen para recoñecer e difundir accións, campañas, programas e proxectos que procuren pór en valor e fomentar a lingua e incrementar o seu uso e prestixio.

Con eles a CTNL pretende valorar e proxectar o gran labor que se desenvolve no ámbito da normalización lingüística, dar visibilidade a proxectos positivos e seleccionar boas prácticas que poidan servir como modelo e inspiración para mellorar o traballo en normalización da lingua.

Saber máis
Que está a pasar?
O 13 de xuño entregamos os VII Premios Mil Primaveras en Pontevedra

08/xuñ/2026

O Salón de Actos do Pazo de Cultura de Pontevedra acolle un ano máis o acto de entrega dos Premios Mil Primaveras. Esta sétima entrega terá lugar o sábado 13 de xuño ás 11.30 horas, estará conducida por Iseo a Moura, e conta coa colaboración do Concello de Pontevedra e da Deputacion Provincial de Pontevedra.

Saber máis
A CTNL anuncia os proxectos gañadores dos VII Premios Mil Primaveras

19/abr/2026

A sétima edición dos Premios Mil Primaveras recoñeceu catro novos proxectos de normalización lingüística: As chaves da lingua (un proxecto didáctico e divulgativo para mellorar a calidade lingüística), Comando Le: grupo de activismo cultural de Espazo Lectura (unha iniciativa dirixida á adolescencia para crear un espazo de lecer en galego), O Dépor é da Coruña (unha campaña que parte da mocidade para acadar un cambio simbólico na cidade herculina) e Revolta Galega (un programa de dinamización lingüística integral para o CPI As Revoltas de Cabana de Bergantiños).

Saber máis
Preséntanse 24 proxectos de normalización lingüística á sétima edición dos Premios Mil Primaveras

02/feb/2026

O pasado sábado, ás 23.59 h, finalizou o prazo para presentar proxectos, campañas, accións ou programas de normalización lingüística á sétima edición dos Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego. Inscribíronse un total de 24 candidaturas.

Saber máis
Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua
Deputación de Pontevedra. Ano da Lingua