O Dépor é da Coruña

Listaxe de proxectos

O Dépor é da Coruña

?O Dépor é da Coruña? é a primeira campaña estábel que encoraxa ao RC Deportivo a correxir o topónimo deturpado do seu escudo (LNL 1983), e que se suma á liña trazada por moitos dos socios nas súas asembleas, á liderada por Riazor Blues, Old Faces e Federación de Peñas, aos comunicados da Mesa Pola Normalización Lingüistica ou ás iniciativas en redes como a creada por Antón Lezcano.

Nace desde un centro de ensino público da cidade da Coruña, o IES Rafael Dieste, con toda a forza da mocidade estudantil, e co apoio do conxunto de institutos públicos da cidade; das administracións públicas (Xunta, Concello e Deputación Provincial); dalgunhas das institucións de maior calado da sociedade galega (Real Academia, Consello da Cultura ou Universidade da Coruña); así como de referentes culturais e deportivos.

Faino procurando accións de dinamización exercidas activamente pola mocidade, a pé de rúa e con impacto real na contorna e na sociedade galega, desde un programa baseado no orgullo, na identidade e na integración que se alicerza no uso e promoción da lingua galega.

Edición: Sétima edición (2025-2026)
Entidade: IES Rafael Dieste
Premiado na categoría: Premio Mil Primaveras
Premiado no ano: 2025

Proxecto detallado

Ligazóns a audios

Ligazóns a vídeos

O Dépor é da Coruña
O Dépor é da Coruña
O Dépor é da Coruña
O Dépor é da Coruña
O Dépor é da Coruña